XIII Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril
Tal e como estaba previsto, o pasado sábado 6 de maio, desputouse nos montes do Tecor de Xinzo de Limia a trece edición do Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril. Proba clasificatoria para o Autonómico e puntuable para a Copa Galicia da especialidade.
A proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa esencial colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.
Deportividade e coordialidade foron a notas destacadas do campionato no cal o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez coa cadela “Beba” e un total de 246 puntos era o campión absoluto. Seguiulle en méritos o can “Lito” con 227 puntos de Álvaro Fontenla Filgueira obtendo así o segundo posto. Mentras que a terceira praza era para Michael Otero Folgueira, con “Nely” e 225 puntos.
O campión provincial era Adrián Ares Carballude que participou co can de nome “Joyas” e obtivo un total de 197 puntos.
O torneo estivo dirixido polos federativos José Castro Rivela e Manuel Feijóo e, como é habitual, coñecidos os resultados levouse a cabo o xantar de confraternización e clausura, rematando coa entrega de premios.
Este provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.