Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE FIELD TARGET
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en Río Sar
15/05/2023

VI Campionato Galego de Field Target

O domingo 14 de maio o Campo de Tiro Río Sar acollía o Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Ás 9:30 horas os diferentes tiradores chegaban a Río Sar e comenzaba a posta a punto coa apertura do campo de centrado. Lugar onde cada tirador fixo os reglaxes oportunos nas súas armas.

Ás 10:30 horas arrincaba a competición e os participantes enfrontáronse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” a unhas inclinacións e distancias de tiro de ata 50 metros.  

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Luis Barcea. O segundo e terceiro caixón do podio eran para Daniel Pérez e Antonio López, respectivamente .

Na modalidade de PCP e na categoría de menos de 16 xulios o título de campión galego era para Luis Gutiérrez. Javier Chantada facíase coa prata namentres que Antonio J. Figueroa era o terceiro clasificado.

Na categoría de máis de 16 xulios o campión era Jose Luis Vascuas Martínez, revalidando o título acadado na pasada edición. A prata era para Andrés Gato.

A entrega de premios puxo o punto e final a esta sexta edición do Campionato Galego de Field Target. Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza