Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO PERCORRIDOS CAZA
Daniel Cebreiro suma outro título Autonómico de Percorridos de Caza
12/06/2023

XXXV Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar

A edición número XXXV do Campionato Galego de Percorridos de Caza tivo como gañador absoluto ao tirador coruñés Daniel Cebreiro García que foi quen de acadar unha ampla victoria superando en 5 pratos ao segundo clasificado.  

No día de onte, 11 de xuño, 90 tiradores divididos en 15 escuadras e baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar, desputaron este Campionato Galego que resultou ser unha fermosa e moi técnica tirada a 150 pratos con 3 liñas de tiro a duas voltas.

Foi o tirador Daniel Cebreiro García o que remataba con 137 pratos despois de realizar unha gran tirada na que o acerto nos derradeiros 75 pratos o converteron no novo campión galego da especialidade. Un resultado amplo xa que superou en 5 pratos ao sempre presente Antonio Iglesias Otero, que se tivo que conformar coa prata. O bronce autonómico foi para Jose Manuel Fernández Añón que foi quen de acadar unha marca de 129 pratos. 

A categoría de Senior deparou un intenso desempate entre Mario González Yáñez e Francisco J. Rivero Martínez que remataron a tirada con 122 pratos.  O pontevedrés Francisco J. Rivero foi o máis acertado e obtivo o título de campión galego da categoría. O bronce foi para Constantino Vilar Rodríguez con 114 pratos. 

En Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 107 pratos.  José González Yáñez e Santiago Fernández Barciela remataban en segunda e terceira posición, respectivamente.

En Xuveniles o futuro está garantizado despois de ver a gran tirada de Javier Suárez Da Fonte e Omar Insúa Rodríguez que remataron con 114 pratos e foi preciso un desempate no que resultou gañador o xoven tirador pontevedrés Suárez Da Fonte. A bo seguro que os pratos desputados no desempate darán futuros títulos a ámbolos dous tiradores.

En Máster o mellor clasificado foi Jose María González Rodríguez con 90 pratos derrivados e superando a Luis Salmerón Madera e Ángel Vidal Conde que remataron en segunda e terceira posición. 

En Homes B o campión era Jose Antonio Vasconcellos Vicente, en Homes C resultou gañador Sergio Loureiro e en Iniciados o campión era David Vitureira Lema.

O tirador pontevedrés Daniel Dominguez Treinta recibiu unha placa da FGC por ser o Campión da Copa Galicia de Percorridos 2022.

A Selección Galega que representará a Galicia no vindeiro Nacional quedou conformada por Daniel Cebreiro, Antonio Iglesias, Jose Manuel Fernández, Daniel Domínguez, Francisco J. Rivero e Javier Súarez. 

Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza