Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RFEC - ELECCIÓNS 23J
Os cazadores instan ao próximo Goberno de España a que derogue as leis animalistas
15/06/2023

A Real Federación Española de Caza (RFEC) publicou o decálogo “Compromiso político con la actividad cinegética 2023/27” con 10 puntos que serán trasladados ás formacións que concurren ás eleccións xerais do 23 de xullo para protexer, poñer en valor e potenciar a caza no noso país.

Entre as medidas plantexadas, os cazadores de España instarán ao próximo Goberno da nación á eliminación da Lei de Protección dos Dereitos e o Benestar dos Animais e á modificación do Código Penal en materia de maltrato animal, revocar a prohibición da caza da rula, o lobo, a caza en parques nacionais ou a volta do silvestrismo.

Ademáis, solicítase a promoción e posta en valor do sector cinexético, o recoñecemento e respeto social, a formación, modernización e información; a participación en órganos consultivos e de decisión, a implantación da licenza interautonómica en todas as CCAA, a dotación de fondos ás 

Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na loita contra o furtivismo ou o fomento das medidas agroambientais necesarias para a recuperación da caza menor, entre outras cuestións.

Desta forma, a Federación solicitará por escrito aos distintos candidatos un compromiso co decálogo e co sector cinexético para recuperar a normalidade da actividade cinexética. 

O posicionamento de cada formación política en relación con cada un dos puntos do decálogo será trasladado durante as próximas semanas aos cazadores, co obxetivo de que cada cazador acuda á cita electoral do próximo 23 de xullo coñecendo as propostas de cada formación 

en materia cinexética e medioambiental.

O presidente da RFEC, Manuel Gallardo, lembroulle ás distintas formacións que a actividade cinexética movilizará a 4 millóns de votantes nas vindeiras eleccións xerais e que o compromiso dos partidos ten que garantir o futuro dunha actividade fundamental a nivel social, económico, medioambiental e cultural.

Neste sentido, Gallardo destacou que ningún cazador vai votar a partidos anticaza, polo que os partidos políticos deben atender as peticións dun sector que non soporta máis ataques que limiten a súa actividade, tal e como se demostrou na masiva manifestación do pasado 20 de marzo de 

2022 onde sairon ás rúas máis de 600.000 cazadores pedindo respeto para a súa forma de vida.

Máis info en: https://bit.ly/42H3dYH

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza