Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO
Juan Carlos Arteche, Eloy Rodríguez e Nicolasa González proclamáronse Campións Galegos de San Huberto en Vimianzo
09/07/2023

XXV Campionato Galego de Caza San Huberto desputado no Tecor San Vicente de Vimianzo

No día de onte, 8 de xullo, tiña lugar no concello coruñés de Vimianzo o Campionato Galego de Caza San Huberto no que Juan Carlos Arteche Castillo en Homes, Eloy Rodríguez Rego en Levantadores e Nicolasa González Carrodeguas en Donas, resultaban campións.

Coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade de Cazadores San Vicente de Vimianzo desputábase esta fase final baixo unha intermitente choiva que non impediu a visualización de fermosos lances cinexéticos. 

Lances seguimos por número público entre os que se atopaban as seguintes autoridades: Ángeles Vázquez, Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente; Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña; Belen do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural; Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo e Paula Mouzo, parlamentaria da Xunta de Galicia, todos eles acompañados polos representantes Federativos, Jose María Álvarez Villar e Francisco Couselo Castiñeira, presidentes da FGC en Coruña e Pontevedra, respectivamente. 

Os participantes repartíronse en 5 campos: tres campos para Homes, un para Donas e outro para Levantadores. O intenso barrage final de Homes foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: Juan Carlos Arteche, Corsino Valero, Jose María Carnota, Roberto Dopico, Eloy Rodríguez e Jaime Aneiros.

Na categoría Homes o cazador Juan Carlos Arteche Castillo coa femia de pointer “Chula” obtiña a mellor puntuación, 74 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Corsino Valero Villar tamén ca femia de pointer “Mia” era o subcampión con 70 puntos, namentres que Jose María Carnota Ríos co setter macho de nome “Bren” obtiña o bronce con 67 puntos.

Na categoría de Levantadores o primeiro posto e campión era para Eloy Rodríguez Rego ca springer spaniel “Tras” e 52 puntos. O segundo posto era para Juan José Canosa Vigo con “Tyson” que acadaba 47 puntos. E xa o bronce era para Saturnino Vidal Pereira con “Coco”” e 42 puntos.

A cazadora Nicolasa González Carredoguas co macho de setter “Gudel”  era, con 56 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nuria Varela Painceiras co pointer “Perseo da Xeara” e 33 puntos. Lidia Almeida de Oliveira acompañada do macho de setter inglés “Dilan” acadaba o terceiro posto da clasificación con 28 puntos.

Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Juan José Canosa Vigo co pointer “Nike da Chousa” que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade.

Un XLI Campionato de España de San Huberto que se celebrará o 23 e 24 de seiembre en Fiñana (Almería - Andalucía) e ao que asistirá a seguinte Selección Galega: Juan Carlos Arteche, Corsino Valero, Jose María Carnota, Juan José Canosa, Eloy Rodríguez, Saturnino Pereira, Nicolasa González, Nuria Varela e Lidia Almeida.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza