5 de setembro de 2023
CANS DE PARADA PERDIZ EN MONTAÑA

“Zara” de Francisco Santiago gañadora da II Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

II Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou o sábado 2 de setembro a segunda proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de Eixil de Cedeira-Cerdido e Ortegal de Ortigueira.

A proba foi xulgada por José Manuel Pallas e José Ángel Seco e actuou como Directora da Proba Cristina Sanmartín.

Resultou gañadora a setter inglés “Zara”, de Francisco Santiago Rodríguez, coa cualificación de 1º Exc. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Chester”, de Rubén Castro González, coa cualificación de MB. 

O bronce foi para a braco alemán “May” propiedade de Vicente Cortés Doce, cunha calificación de MB.

Omellor exemplar menor de 24 meses, foi para o setter inglés de nome “Eterno da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez. 

Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.