Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATOS DE ESPAÑA
Grandes éxitos colleitados polos cazadores galegos nos Campionatos de España de San Huberto e Percorridos de Caza con Arco
26/09/2023

Na pasada fin de semana, 23 e 24 de setembro, desputáronse os Campionatos de España de San Huberto e Percorridos de Caza con Arco, todo elo baixo a organización da Real Federación Española de Caza e estando Galicia representada por numerosos cazadores galegos.

Na disciplina de San Huberto, a proba nacional desputouse na localidade de Fiñana (Almería) e participaron un total de 95 deportistas nas categorías masculina, feminina e levantadores. Destacamos a actuación do xoven galego Juan José Canosa que obtivo o título de Campión da Copa España de San Huberto. Citar tamen o bronce obtido polo participante da selección galega, Corsino Valero, na categoría absoluta masculina. Canosa particpou coa pointer de nome “Nike da Chousa” e Valero coa tamén pointer “Mia de los Tsacianiegos”.

En Soria, concretamente na localidade de Castillejo de Robledo, desputábase a gran cita dos arqueiros de España, cita na que a Selección Galega estaba composta por un total de 7 arqueiros. Dita selección obtivo os seguintes resultados:

- Na categoría de Damas Arco Tradicional, Laura Fernández obtivo o primeiro posto e converteuse na campiona nacional na súa primeira participación.

- En Arco Tradicional Masculino Lee Ramsdale, obtiña a prata. 

- Eloy Álvarez tamén acadaba a prata en Arco Asistido Masculino.

- E en Cadetes, a xoven Nerea Piñeiro conseguía un moi merecido terceiro posto tamén na súa primera participación.

Estes grandes resultados súmanse a outros moitos acadados no presente ano 2023 por parte dos deportistas cinexéticos galegos que dan mostra da calidade e nivel competitivo que teñen os cazadores galegos, traendo grandes triunfos para a nosa Comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza