Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
José Manuel Díaz con “Chusca” gañador en Antas de Ulla
27/11/2023

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas

O pasado sábado 25 de novembro os arceeiros lucenses achegábanse ata o Tecor Santa Mariña de Antas de Ulla para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Santa Mariña. Destacar a gran colaboración e traballo desta Sociedade de Cazadores que fixeron posible unha gran xornada de caza para os máis de 30 cazadores participantes. 

Baixo unhas extraordinarias condicións climáticas comenzaba esta xornada de caza de arceas. Unha xornada xélida pero que foi tremendamente fructífera, con multitude de lances e avistamentos de arceas. 

Foi o cazador José Manuel Díaz Paz o que coa cadela “Chusca” facía a súa entraba en control ás 11:30 horas cunha arcea. Sendo o primeiro cazador en control con caza o que lle permitiu obter o título de campión provincial.

Con tamén 500 puntos pero en segunda posición remataba José Manuel Paredes Silvosa co can “Gallaicus Burko”.

O bronce foi para José María Regueira Freire con “Birsa” e 500 puntos. 

Os tres primeiros clasificados máis Víctor Arías Contado e Diego Martínez Guitián, cuarto e quinto clasificados, conforman a selección lucense para o vindeiro campionato galego da especialidade.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza