29 de xaneiro de 2024
PROVINCIAL CORUÑA ARCEAS

Pablo Garaboa gañador do provincial coruñés de Arceas

Campionato Provincial da Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado, 27 de xaneiro, desputábase o Campionato Provincial da Coruña de Caza de Arceas. Unha proba que era acollida nos terreos do Tecor de Rianxo e organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Rianxo.

Arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade así como unha densidade das mesmas menor da desexada fixeron desta fase provincial unha gran proba de esforzo para o alto nivel de participantes e cans. 

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o cazador Pablo Garaboa Iglesias o que obtiña o título de campión provincial con 500 puntos. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición remataba Marcos Peitado Montero. Compretando o podio, coa medalla de bronce, o terceiro posto foi para Víctor Fuentes Mella. Nuria Varela Painceiras foi a mellor clasificada na categoría feminina.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.