A sorte fixo que Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” resultase gañador

XXV Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto
Os terreos da sociedade de caza de Xinzo de Limia eran os elexidos para, o pasado 2 de marzo, celebrar a edición número XXV do Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto.
Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración de dita sociedade de cazadores. Este provincial ourensá tivo como inconvinte a presencia dunhas condicións climáticas extremas e complexas para o correcto desenrolo da xornada.
Unha vez reunido o Xurado de Competición en consonancia cos cazadores participantes foi preciso a realización dun sorteo para coñecer a clasificación final xa que as adversas condicións climáticas non permitiron a correcta competición.
Foi o cazador Eduardo Blanco Mejuto xunto co setter macho “Kin de Muíño de Melide” o que obtivo o primeiro posto. Juan Manuel González González era o que obtiña a segunda plaza co setter de nome “Cana de Muíño de Melide”. O bronce era para Jaime Aneiros Leira con “Pull de Camp de Lliria” un pointer macho.
Os tres cazadores do podio xunto con Jaime Aneiros Ardao e Eliseo Faraldo compoñen a selección provincial para o Autonómico da especialidade.
Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
