10 de abril de 2024
RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA

Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

III Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe

O pasado 7 de abril desputouse unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe. Monteiros e cans desprazáronse ata a localidade pontevedresa de Codeseda para desfrutar dunha xornada de rastrexo do porco bravo.

Baixo a organización da Sociedade de Caza Río Umia e coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra e o Tecor de Forcarei desputouse esta proba que contou cun total de 24 monteiros que se dividiron en tres campos para a fase clasificatoria.

Na fase final, desputada polos dous mellores monteiros de cada campo, o campión foi Iago Vázquez que participou co can “Yerry” e obtivo unha puntuación de 227,5 puntos. En segunda posición remataba José Portela con “Foll” e 212 puntos. O bronce era para Hugo Tato coa cadela “Padilla” e 207 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.