Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra
15/04/2024

VI Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

O pasado 13 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xubia, Fene, Urogallo e Valdoviño tivo lugar a sexta edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que, ao igual que en edicións anteriores, foi todo un éxito en canto a participación e o desenrolo satisfactorio da mesma. 

Unha xornada na que se puxo a proba a maestría de monteiros e cans xa que as altas temperaturas dificultaron o rastrexo do porco bravo.  Novamente esta proba foi puntuable para a Copa Galicia da especialidade que dará a selección para a participación do II Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. 

A proba trascorreu sen imprevisto e o número de rastros dispostos pola organización foron suficientes para os máis de medio cento de monteiros e cans inscritos. Ao igual que en edicións anteriores destacamos a participación de 10 rapaces menores de 18 anos que amosaron enorme destreza no rastrexo e manexo de cans atraelados. 

O Director da Proba, Tito Varela, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

1° Miguel Villar Loureiro con “Blanco” e 233 puntos

2° Pablo Ferreiro Muiño con “Richard” e 226 puntos

3° Brais Gómez con “Chanclas” e 225,5 puntos

4° Pablo Martínez Castrillón con “Saqui” e 217 puntos

5° Joaquin Ferreira Abad con “Ney” e 215 puntos

6° David Castrillón con “Chata” e 154,5 puntos

Mellor can da Proba: “Chanclas” de Brais Gómez.

Coa entrega de premios púxose punto e final a esta edición non sen antes dar un agradecemento especial, por parte da organización, aos guías por todo o traballo realizado tanto o día da competición como nos días anteriores.

Este campionato contou coa colaboración do Concello de Valdoviño e Ferrol e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA DE ASEXOS CON ARCO
29/05/2024
Arqueiros ao asexo

PROBA XABARIL MEMORIAL DAVID GARCIA
26/05/2024
Maikel Otero con “Chacho” dominador na Terra Chá

PROVINCIAL DE LUGO DE SAN HUBERTO
26/05/2024
Jorge Dobarganes con “Baster de la Tormentosa” foi o campión de San Huberto na Festa da Caza de Lugo

PROVINCIAL DE LUGO DE XABARIL
26/05/2024
Luis Otero con “Turco” foi o campión provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza