Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”
22/04/2024

XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto

Na xornada do pasado sábado día 20 de abril desputouse en Baiona o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”.

A proba foi dirixida por Rafael Sánchez Malvar e xuzgada polos xuíces Santiago Saavedra Cuiña e José Ángel Seco Alvite, os cales destacaron o bo facer e deportividade dos participantes inscritos.

O cazador Roberto Dopico Dopico foi o campión da proba co seu setter inglés macho de nome “Bruxo” con 78 puntos. O segundo posto, con 73 puntos, adxudicouso Edelmiro Leira Pérez co setter de nome “Dilan de Piago”. O terceiro posto e novo campión provincial foi para José Ramón Zamora Lorenzo co macho de setter “Valle del Zamudia Bob” e 44 puntos. 

Acudirán ao campionato galego representando á provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: José Ramón Zamora, Rafael Nieto, Ramiro Ramirez, Esteban Lorenzo e Iván Souto.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Pensos Os Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza