29 de abril de 2024
PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE

O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

IV Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

IV Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

Con enorme espectación arrincaba a cuarta edición da Proba de Cans de Rastro sobre Lebre o pasado sábado 27 de abril baixo a organización da Federación Galega de Caza de A Coruña e á colaboración dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana de Carnota. 

Sociedades de caza que puxeron á disposición os seus terreos para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva. Proba na que se presenciaron fermosas prestacións dos  cans participantes e que proporcinaron ao público lances de enorme beleza cinexética.

Foi a asturiana, Nerea Álvarez Vázquez a que co seu lote composto por “Sara”, “Mora”, “Sola” e “Linda” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 146 puntos. 

O segundo posto foi para Álvaro Castiñeira Costa que cos seus cans de nome “Lira”, “Bimba”, “Toby”, “Lena”, “Boby” e “Trus” obtiña o segundo posto con 107 puntos. 

O bronce foi para o lote propiedade de José Javier Suárez Rama conformado por “Otto”, “Madame”, “Marco”, “Sarela”, “Trasno” e “Timba” e 105,5 puntos.

A cadela “Sara” da campiona Nerea Álvarez foi galardoada co premio ao Mellor Can con 150 puntos.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.