PROBA XABARIL MEMORIAL DAVID GARCIA

Maikel Otero con “Chacho” dominador na Terra Chá

Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

O Tecor Terra Chá e a Federación Galega de Caza tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril - Memorial David García “Tuerkas”.

A xornada celebrouse no día de onte, 25 de maio, e nela participaron 30  monteiros que competiron para acadar a victoria e puntos da Copa Galicia da especialidade.

Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro lucense Maikel Otero Folgueira con “Chacho” e “Camaron” obtiveron o segundo e terceiro posto da clasificación xeral con 248 e 236 puntos, respectivamente. O bronce foi para o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez coa cadela “Beba” e 212 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.