10 de xuño de 2024
PROBA PUNTUABLE COPA GALICIA

Antonio Sánchez con “Chico” dominador do campionato “Comarca de Lugo”

Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Comarca de Lugo”

A Asociación de Cazadores Santa María Alta e a Federación Galega de Caza tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril “Comarca de Lugo”.

O campionato celebrouse no día de onte, 9 de xuño, e nela participaron máis de 50 monteiros e cans que competiron para acadar a victoria e puntos da Copa Galicia da especialidade.

Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro chegado de Silleda, Antonio Sánchez Sexto con “Chico” resultou campión con 239 puntos. Queremos facer unha mención especial a este can e monteiro que están a completar unha máis que brilante tempada da especialidade xa que, Antonio e “Chico” foron quen de subir ao máis alto na prestixiosa proba de Cangas de Narcea e tamén na Copa España desputada en Asturias. 

O segundo posto foi para Carlos Rouco Villares con “Eros” cunha puntuación de 227 puntos. Namentras que o bronce foi para o monteiro lucense Maikel Otero Folgueira con “Chacho” e 225 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.