Baixo o amparo da FGC, dende o día 10 de abril ata o 2 de xuño, veuse celebrando un curso de Xuíces desta disciplina, orientado para o reciclaxe de Xuíces Autonómicos e para Novos aspirantes a Xuíces.
O curso estivo impartido polos xuíces formadores de Agility da FGC, Iker Santos e Jorge Vázquez. Constou dunha primeira fase online, con exercicios semanais, para rematar cunha posta en común de dúbidas e charla, máis unha parte máis práctica sobre o terreo, aproveitando o marco da Semana Verde de Galicia en Silleda.
O mesmo rematou cun exame teórico onde os aspirantes amosaron o seu aprendizaxe sobre a normativa e regulamentación de agility adquirida durante case estes 2 meses que durou o curso.
A continuación relatamos os xuíces tanto de reciclaxe, coma de Nova Presentación que estiveron aproveitándose desta oportunidade que brindou a FGC.
Xuíces Autonómicos Reciclados
- Andres López Martínez
- Marisa Laura Ríos Noya
- José Ángel Torres Taboada
Xuíces en Prácticas reciclados (sen necesidade de examen)
- Susana Figueiras Abraldes
- Juan González González
- Alejandro Piñeiro Rúa
Xuíces Novos
-César Martínez Bouzón: APTO
-Jacobo Martí Mosquera: APTO
-Lucas Currás Fernandez: APTO
-Jonathan San Isidro Martínez: APTO
Estos últimos 4, pasan a formar parte do listado de xuíces en prácticas, e están totalmente habilitados para que poidan xulgar probas de agility despois de haber aprobado con nota de APTO o curso disposto para tal fin. Para completar a súa formación e ser Xuiz Autonómico, é necesario que xulguen as probas necesarias que veñen reflexadas no regulamento de Agility.