10 de xullo de 2024
PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL

Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

I Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril en A Lama

A Sociedade de Cazadores de A Lama e a Federación Galega de Caza de Pontevedra tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

A xornada celebrouse o pasado 6 de xullo, e nela participaron un total de 37 monteiros que competiron para acadar puntos da Copa Galicia da especialidade. Dita proba contou con Joaquín Guerreiro como Director da mesma.

Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro Julio Ferradás co seu can “Copi” obtiña o primeiro posto con 250 puntos.  Álvaro Fontenla con “Lito” foi o segundo clasificado con 235 puntos e o actual campión de España da especialidade, Antonio Sánchez con “Chico”,  obtiñan o bronce con 233 puntos.

Un xantar de irmandade, a entrega de numerosos premios e a clausura da proba puxo o punto e final a esta proba da Copa Galicia da especialidade. 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.