15 de xullo de 2024
AUTONÓMICO FIELD TARGET

Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

VII Campionato Galego de Field Target

O domingo 14 de xullo o Campo de Tiro Pena da Revolta acollía o Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Pena da Revolta.

Ás 9:30 horas os diferentes tiradores chegaban as Pontes e comenzaba a posta a punto coa apertura do campo de centrado. Lugar onde cada tirador fixo os reglaxes oportunos nas súas armas.

Ás 10:30 horas arrincaba a competición e os participantes enfrontáronse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” a unhas inclinacións e distancias de tiro de ata 50 metros.  

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego revalidando o título do 2023 foi Luis Barcea Penas. O segundo e terceiro caixón do podio eran para Antonio López-Niño Pérez e Daniel Pérez Villar, respectivamente.

Na modalidade de PCP e na categoría de menos de 16 xulios o título de campión galego era para Javier Chantada Abal. Fernando Chantada Abal facíase coa prata namentres que Andrés Ponte Fernández era o terceiro clasificado.

Na categoría de máis de 16 xulios o campión era Andrés Gato Galdo. 

A entrega de premios puxo o punto e final a esta sétima edición do Campionato Galego de Field Target. 

Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.