11 de setembro de 2024
CAZA PRÁCTICA PERDIZ EN MONTAÑA

“Zara do Coto da Neboa” de Francisco Santiago gañadora, por segundo ano consecutivo, da Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

III Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou, o sábado 7 de setembro, a terceira proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de “Eixil” de Cedeira-Cerdido e “Ortegal” de Ortigueira.

A competición foi xulgada por Jesús Blanco Paredes e José Ángel Seco e actuou como Directora da Proba Cristina Sanmartín. Nela participaron un total de 24 cans todos eles de razas británicas.

Resultou gañadora, por segundo ano consecutivo, a setter inglés “Zara do Coto da Neboa”, de Francisco Santiago, coa cualificación de 1º Exc. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Frey de Piago”, de Edelmiro Neira, coa cualificación de 2º Exc. 

O bronce foi para a setter inglés “Mira de Piago” propiedade de René Vale, cunha calificación de 3º Exc.

Este Campionato contou coa colaboración do Concello de Cedeira e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.