INICIO CURSOS FORMACIÓN

Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

O pasado día 1 de outubro a Escola de Caza da FGC abría as portas a máis de 200 cazadores inscritos. Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático deu comenzo a edición 2024 para a Formación de Responsables de Sociedades de Caza, Prevención da Sinistralidade e Seguridade na Práctica Cinexética e Enfermidades da Fauna Cinexética, Saúde Alimentaria e Xestión dos Residuos.

É o curso sobre Enfermidades da Fauna Cinexética, Saúde Alimentaria e Xestión dos Residuos o que acolle o máior número de inscritos sendo esta a 2ª convocatoria.

Ata o día 27 deste mes os alumnos poderán acceder aos contidos de formación e xa, neses derradeiros días, celebrar a proba de avaliación, recibindo un Diploma acreditativo conforme superaron ditos coñecementos formativos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.