Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROXECTO ARCEA
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas
21/10/2024

O pasado venres, 18 de outubro, ás portas da apertura da tempada xeral de caza en Galicia, a Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático organizou o evento “Proxecto Arcea”.

No Gran Hotel Os Abetos, sito en Santiago de Compostela, tivo lugar o acto do “Proxecto Arcea” dirixido a censadores e representantes de sociedades de caza que participaron no censado da pasada tempada cinexética.

O secretario xeral da FGC, José Moure, era o encargado de presentar a xornada que daba comenzo ás 20:00 horas co agradecemento por parte do presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, aos máis de 70 asistentes polo esforzo e implicación neste proxecto, sendo os arceeiros os verdadeiros protagonistas.

A primeira ponencia era impartida por Pablo Quirós, Técnico do Servizo de Vida Silvestre do Principado de Asturias, que de xeito extraordinario expoñía a “dinámica das poboacións das arceas” froito dun intenso é prolongado traballo con esta migratoria. 

Era César Pérez, Investigador e Profesor Doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal do Campus Terra da USC en Lugo e Co-autor do Informe sobre o estudo da Arcea o que interviña en segundo lugar. César fixo un repaso, polo miudo, dos datos obtidos polos censadores galegos na pasada campaña. Un traballo que deu o primeiro paso firme de cara a esta tempada de censos no cal se conseguiu un gran equipo de censadores que co traballo desinteresado estan aportando datos esenciais para o aproveitamento cinexético da arcea.

Remataba o acto coa intervención de Jorge García, Xefe do Servizo de Caza e Pesca do Principado de Asturias, e de Luis Eusebio Fidalgo os cales agradeceron o esencial papel que xogan os cazadores nestes estudos ao tempo que animaron aos presentes e posibles novos participantes nesta nova campaña de censado que xa deu comenzo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria

CURSO FORMACIÓN AGILITY
17/06/2024
Curso de Xuíces de Agility da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza