28 de outubro de 2024
PROVINCIAL CORUÑA CAZA MENOR

Rubén Boquete con “Illa do Rempenin” resultou gañador do provincial coruñés de caza menor

Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro, en Santa Comba, desputouse o Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can nos terreos do Tecor Xallas. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza e Pesca Xallas.

Bo número de participantes e unha boa densidade de caza foron as notas predominantes nesta fase provincial de caza menor con can na que se xogaban seis plazas para acceder ao Autonómico da especialidade.

Foi o cazador Rubén Boquete Varela o que acadou o título de Campión Provincial con 1.375 puntos e grazas ó traballo da súa setter de nome “Illa do Rempenin”. O segundo posto era para Antón Moure Segade coa setter “Lira” e 1.100 puntos, repetindo a mesma posición que na edición do 2023. O bronce era para Julio Pereira Lamas que participou co setter inglés de nome “Zar” obtendo unha puntuación de 550 puntos.  

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.