29 de outubro de 2024
PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR

Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor

XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

Este pasado sábado, 26 de outubro, os montes do tecor A Cañiza, foron o escenario da disputa do XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can. 

Arrincou a competición, logo dunha chuviosa mañá, coa néboa como protagonista, que fixo atrasar o comezo da proba.

A competición foi dirixida por José Manuel Martínez, Delegado de Caza Menor da FGC de Pontevedra, e foi quen deu o pistoletazo de saída, para que os deportistas co seu can e xuíz saísen a competir durante o horario establecido.

Unha vez finalizada a competición, o campión foi Ramón Carballido Veiga, acompañado do seu can "Mouro". Javier Calvo Simoes, coa súa cadela "Meniña" foi o subcampión por diante de José Antonio Vasconcellos Vicente, que co seu can "Azor" remataba en terceira posición.

Na clausura do evento e entrega de trofeos agradecer a participación e colaboración do Concello da Cañiza, co seu alcalde, Luis Antonio Gómez o fronte.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e pensos Bichoucos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.