10 de marzo de 2025
CANS DE PARADA LUGO

Cans de Parada no Tecor Terra Chá

Na xornada do pasado sábado, 8 de marzo, os terreos do Tecor Terra Chá acolleron a edición XXXV da Copa FGC Lugo de Cans de Parada “Xunta de Galicia”. Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e que contou coa colaboración do Tecor societario Terra Chá.

En británicos destacamos a participación da cadela “Fiera de Pardiñeira”, propiedade de Eliseo Faraldo, o cal acadou unha calificación de 1º MB e lle reportou o primeiro posto. O setter de nome “Único” do veterano Antonio Vilar obtivo o segundo posto cun 2º MB. A pointer “Cora” de Fernando Manso obtivo o terceiro posto cun 3º MB.

O braco alemán “Iron de Marcofa”, propiedade de Jaime Aneiros, foi o mellor calificado en razas Continentais cun 1º B, repetindo a mesma calificación obtida na pasada edición.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.