Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
O lote propiedade do cántabro Damián Gómez foi o campión da quinta edición da proba de lebre
2025-04-21

V Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

Un ano máis, e van cinco, arrincaba a afamada Proba de Cans de Rastro sobre Lebre, desputada o 16 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza da Coruña e á colaboración dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana de Carnota. 

Sociedades de caza que puxeron á disposición os seus terreos para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva. Proba que se desenrolou baixo unha intensa choiva que fixo complexo o seguimento do rastro da lebre pero que non impediu fermosas prestacións dos cans participantes, algún deles chegados de fora das fronteiras galegas.

Rematada a competición foi o Director da Proba, Xulián Gandarela, o que deu a coñecer a clasificación final resultando como segue a continuación:

O cántabro Damián Gómez Cobo co lote composto por “Romario”, “Farruca”, “Pinto”, “Reina”, “Única e “Divina” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 681 puntos (media de puntuación de 113,5) auxiliado polo conductor Honorio Fernández. 

O segundo posto foi para o asturiano Juan Carlos Álvarez Álvarez participando cos cans de nome “Pulga”, “Mopra”, “Sola” e “Linda” obtiña 431 puntos (media de puntuación de 108). 

O bronce foi para o lote propiedade do galego Sergio García Costoya conformado por “Google”, “Windos”, “Simba”, “Zizu”, “Ria” e “Lista” e 623 puntos (media de puntuación de 104).

A cadela “Pulga” do subcampión Juan Carlos Álvarez Álvarez foi galardoada co premio ao Mellor Can con 120 puntos.

Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Mazaricos e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza