12 de maio de 2025
CORUÑA XABARIL

Julio Ferradás con “Copi” foi o campión provincial e Cristóbal Cacheda con “Horus” o campión da proba

Campionato provincial da Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia”

En Rianxo, o sábado 10 de maio, tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza de Rianxo desputábase este destacado campionato con ampla participación e enorme deportividade.

Baixo a dirección de Secundino Carballo e nuns terreos máis que óptimos para o desenrolo desta disciplina cinexético deportiva comenzaba esta fase provincial clasificatoria para o Autonómico da especialidade e puntuable para a Copa Galicia.  

Foi o monteiro pontevedrés Cristóbal Cacheda Chouza con “Horus” o que obtivo o primeiro posto da proba con 225,5 puntos. Con 224 puntos, en segunda posición remataba o tamén pontevedrés Antonio Sánchez Sexto co can “Chico”.

O terceiro clasificado da xeral era Julio Ferradás Rozas con “Copi” e 223,5 puntos converténdose no novo campión provincial.

Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.