Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE RASTRO SOBRE XABARIL
Galicia é un referente nas probas de cans de rastro sobre xabaril
2025-05-21

Nun escenario de nada menos que 54.000 hectáreas de monte e un equipo organizativo composto por máis de 50 persoas, todo está preparado para a desputa, por terceiro ano consecutivo, do III Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe.

As localidades coruñesas de Ferrol, Valdoviño, Cedeira, Cariño, Cerdido e Ortigueira darán a benvida, este venres 23 de maio, a monteiros e monteiras chegados de Cantabria, Pais Vasco, Asturias, Castela e León e como non, de Galicia. Xa na xornada do sábado 24 un total de 7 campos serán testigos das prestacións de cans e monteiros no desenvolvemento do rastro deixado no deambular nocturno do porco bravo.

Simultáneamente a esta proba Nacional desputarase a III Copa España Xuvenil e a II Copa Feminina da especialidade. Rapaces que xa amosaron o seu bo facer coa traela e monteiras que coa cada vez máis notable presenza na caza tamén obtarán pola súa Copa España.

A dificultade da organización e desenrolo dunha proba de cans sobre caza salvaxe obriga a dispor dun equipo organizativo de nivel, así como unha colaboración dos Tecores no que se desenrola. Sen as sociedades de caza, guías e rastrexadores esto sería imposible de ahí ao enorme agradecemento ás sociedades de caza que xa teñen enriba varias semanas de traballo.

Pola contra as probas de xabaril salvaxe obrigan a un limitado número de plazas e foron moitos os monteiros preinscritos que nesta ocasión non van poder participar.

Dende a Federación Galega de Caza agradecemos o esforzo e colaboración das sociedades de caza que fan posible estes eventos e outros como a proba de ceiba do Barbanza, Copas Galicia de Xabail Salvaxe, proba de Ceiba Terras do Ortegal así como as probas tradicionais de xabaril… poñendo a Galicia como comunidade de referencia en probas de Cans de Rastro sobre Xabaril.

Máis información sobre o Campionato de España e Copas de Xabaril Salvaxe en: III Campeonato de España de Perros Atraillados sobre Jabalí Salvaje (24 Maio 2025) | Federación Galega de Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PRESENTACION NACIONAL XABARIL
2025-05-16
Presentación oficial do Nacional de Xabaril Salvaxe

EXAME DO CAZADOR
2025-04-24
Modificacións do exame do cazador

XORNADA CANS DE CAZA
01/04/2025
Cazadores coruñeses implicados cos cans de caza

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza