2 de xuño de 2025
SAN HUBERTO FESTA DA CAZA DE LUGO

Jorge Martín con “Max” campión da proba e Juan Carlos Arteche con “Chula” campión provincial de San Huberto na Festa da Caza de Lugo

XXVIII Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto "Xunta de Galicia"

O monte do Cristo eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, onte 1 de xuño, do seu campionato provincial de Lugo de Caza San Huberto "Xunta de Galicia".

O Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto deu como gañador da proba ao cazador Jorge Martín Sánchez co can “Max” e 82 puntos. O segundo posto da xeral era para Víctor Varela Castro coa cadela Cora” e 75 puntos. O bronce da xeral e campión provincial foi Juan Carlos Arteche Castillo con Chula e 60 puntos.

A selección provincial quedou conformada polos seguintes cazadores: Juan Carlos Arteche Castillo, Corsino Valero Villar, Jorge Fernández Dobarganes, Ricardo Parrado Parra e Jesús Vázquez Sánchez.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.