9 de xuño de 2025
PRESENTACIÓN OFICIAL

Presentación oficial do Campionato de España de Xabaril a celebrar en Tomiño

No día de onte, 9 de xuño, tivo lugar na Diputación de Pontevedra a presentación oficial do XXXII Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril que se desputará na localidade pontevedresa de Tomiño o vindeiro 28 de xuño.

Outra proba Nacional a celebrar en Galicia grazas á colaboración da Sociedade de Caza A Tomiñesa e coa organización da Real Federación Española de Caza, a Federación Galega e a delegación federativa de Pontevedra.

No acto oficial de presentación interviron as seguintes autoridades: Josep Escandell, presidente da RFEC; Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra; Luis Eusebio Fidalgo, vicepresidente da RFEC e presidente da FGC; Juan Álvarez, representante da Sociedade de Caza A Tomiñesa; Nicolás Lorenzo, director territorial de Medio Ambiente de Pontevedra; Rubén García, concelleiro de Deportes de Tomiño; Oscar Meijide, delegado nacional de Rastro de Xabaril; Francisco Couselo, presidente da FGC de Pontevedra; Ramón Rodríguez, vicepresidente da FGC e Jaime González, delegado galego de Rastro de xabaril.

Todo quedou emprazado para o vindeiro 28 de xuño en Tomiño onde se desputará un dos campionatos de España con máis arraigo nos monteiros do Norte.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.