Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA XERAL DE MUTUASPORT
Mutuasport reafirma o seu compromiso coa caza social e a seguridade despois dun 2024 de crecemento e consolidación
2025-06-18

A Mutua dos cazadores, Mutuasport, celebrou o día de hoxe, 18 de xuño, a súa Xunta Xeral de Mutualistas, nun encontro que reuniu aos delegados provinciais de toda España para analizar os resultados do exercicio 2024 e trazar as liñas estratéxicas para os próximos anos.

A reunión, presidida por José María Mancheño Luna, confirmou os excelentes resultados económicos e de solvencia alcanzados pola entidade, que pechou 2024 con indicadores moi positivos en todas as áreas. Acompañado polos membros do Consello de Administración, así como polo equipo directivo da mutua, Mancheño agradeceu o respaldo e a confianza dos mutualistas, destacando o papel esencial das Federacións Autonómicas e Provinciais de Caza e das Sociedades de Cazadores.

“Non só superamos os retos do ano pasado con responsabilidade e eficacia, senón que demos un paso máis cara á excelencia na xestión e no noso compromiso coa caza social en España”, afirmou o presidente.

Unha mutua ao servizo do cazador e do medio rural

Máis aló dos datos económicos, Mutuasport quixo destacar o seu papel como referente en seguridade e responsabilidade dentro do mundo cinexético, fortalecendo a súa implicación en proxectos estratéxicos xunto a entidades como a RFEC, a Fundación Artemisan, e Federacións Autonómicas.

Durante a Xunta, ratificouse o apoio económico de Mutuasport a iniciativas de conservación e seguimento científico como Zorzales, Coturnix e o Observatorio Cinexético, cun investimento sostido que reafirma o seu compromiso cunha caza sostible, responsable e baseada no coñecemento científico.

Este esforzo, apuntou Mancheño, “non sería posible sen o incansable traballo das Sociedades de Cazadores, verdadeiros gardiáns do campo e da contorna rural, que co seu labor diario non só coidan do patrimonio natural, senón que tamén manteñen viva unha tradición cultural profundamente arraigada no noso país. Quero trasladar o meu agradecemento máis profundo a todo o equipo humano de Mutuasport, ás Federacións Autonómicas e Provinciais e aos membros do Consello de Administración polo seu compromiso e traballo constante. Grazas a ese esforzo colectivo, hoxe contamos cunha Mutua forte, moderna e plenamente aliñada coas necesidades do cazador. Reforzamos a nosa posición como referente do sector, avanzando con paso firme cara a un futuro de estabilidade e responsabilidade”, subliñou presidente para pechar a sesión.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza