Baixo o título “O deporte máis natural na natureza” a Federación Galega de Caza organizou, o pasado sábado 21 de xuño, unha xornada aberta e gratuíta para os mozos e mozas de entre 6 e 15 anos.
Un evento lúdico e de máximo aprendizaxe na que participaron preto de 40 rapaces e que se desenrolou no Museo das Aves de Cospeito – Lugo, unha actividade incluída dentro dos “Proxectos de especial relevancia” impulsados pola Secretaría Xeral para O Deporte e coa colaboración de Mutuasport e da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Chá que o fixeron posible.
Todo comenzaba ás 10 horas coa chegada dos país, titores e nenos que recollían o material facilitado pola FGC e coas verbas do presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, quedaba inaugurada a xornada.
Xornada na que os rapaces divididos en diferentes grupos afrontaron un total de 8 actividades rotativas de diferentes temáticas: “one health”, unha soa saúde, lava as mans e coida do teu can; “Quen é quen”, identificando especies cinexéticas; “Rastros e pegadas” aprende como recoñecelas; “O axexo”, búsqueda do tesouro; “Paradiñas”, exhibición de cans de mostra; “Dende o ceo”, exhibición de aves de cetraría; “Detectives”, cans de rastro e “Simulador de Tiro” mellora a túa puntería.
Entre as actividades da maña e do serán os rapaces repuxeron forzas desfrutando dun menú do máis natural, composto por pizzas e miniburguers de cervo e xabaril perfectamente elaboradas pola Pizzería Rozas de Cospeito, potenciando así o valor gastronómico da carne de caza que segue sendo a máis saudable.
O éxito da xornada quedou patente no desfrute dos nenos e nenas aprendendo en tempo real, coñecendo especies, identificando pegadas, empregando o microscopio ou visualizando os cans ou aves de cetrería, declaraba o presidente Fidalgo.
Remataba a xornada ás 18:00 horas coa ledicia e agotamento nas facianas dos máis novos, coa satisfacción de achegar a natureza e o deporte cinexético as novas xeracións.