Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MOSTRA CANS MESÓN DO VENTO
Éxito nunha edición máis do campionato e mostra de cans de caza Mesón do Vento
2025-07-29

Na fin de semana do 26 e 27 de xullo tivo lugar o desenrolo da programación de actividades incluídas na edición XXXII da Mostra de Cans de Caza de Mesón do Vento. Unha localidade coruñesa que foi, ao igual que en edicións anteriores, todo un epicentro dos apaixoados dos cans de caza, baixo unha gran organización que correu a cargo de Manolo Mesías e concelleiro de Ordes, Pablo Vázquez, así como un bo número de colaboradores entre os que se atopaba a FGC.

O sábado día 26 desputábase o Campionato de Cans de Caza Atrelados “V Memorial Jorge Rivas” baixo a dirección de Óscar Meijide. Proba na que destacamos a enorme participación, con preto de 80 monteiros e cans divididos en locales e foráneos. Desputada a final dos libres o campión foi o pontevedrés Antonio Sánchez co seu can “Chico” e 251 puntos. O monteiro Cristóbal Cacheda con “Horus” obtiña o segundo posto con 246 puntos e xa con 240 puntos o terceiro posto era para Miguel Ángel Rey con “Lor”.

En canto aos monteiros locales o mellor calificado foi Miguel Prieto con “Yo” e 152 puntos. Con 148 puntos o pequeno gran monteiro Xabi Botana coa cadela “Blanca” deu todo un espectáculo e saber facer coa tráela obtendo o segundo posto e amosando que hai relevo entre os monteiros. O bronce foi para César Tojo con “Rumbo” e 136 puntos.

Comenzaba a mostra de cans o domingo 27 con nada menos que 170 xaulas e máis de 700 cans na exposición, chegados dende todos os puntos de Galicia e de fora das nosas fronteiras. Stands de caza, artesanía e gastronomía completaron este evento tan sinalado no calendario cinexético galego.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FAISÁN
2025-07-24
Tecores no que está permitido a solta de faisán

COMUNICADO ARTEMISAN
2025-07-22
O sector cinexético consegue que Europa peche o procedemento de infracción aberto a España e confirma que a rula se recupera

ORDE DE VEDAS
2025-04-29
Publicada a Orde de Vedas que rexirá a actividade cinexética para a tempada 2025/2026

APERTURA ASEXOS DE CORZO
31/03/2025
Tempo de asexos ao corzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza