Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSOS FORMACION 2025
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores
2025-09-05

Chega setembro e a Escola de Caza tamén abre as súas portas para acoller, un ano máis, os seus Cursos de Formación totalmente gratuítos para cazadores federados

Como cada ano, a Federación Galega de Caza activa a súa aula virtual da Escola de Caza para convocar os cursos de Formación de Caza, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Os cursos están dirixidos a directivos das sociedades de caza, responsables de cazarías, xestores cinexéticos, gardería, administrativos e, por suposto, a deportistas cazadores en xeral que desexen adquirir coñecementos tan importantes no eido da formación de responsables de sociedades de caza, seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e a xestión dos residuos non comestibles.

Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC, as 24 horas do día e os 7 días da semana, do 1 ata o 26 de outubro. Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación dende calquer punto de Galicia e nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades.

Cazador non perdas esta oportunidade de coñecer os entresixos da xestión interna e administrativa dunha sociedade de caza. Se para ti a seguridade na caza é o primeiro e non queres levar sustos no monte adquire coñecementos sobre os primeiros auxilios que poden salvar vidas a compañeiros. Rematada a xornada de caza temos que facer un aproveitamento das pezas abatidas polo que inscribíndote a este Curso de Formación saberás facer un correcto manexo da carne de caza para o seu consumo seguro. 

A matrícula é aberta e gratuíta, formalizarase enviando a escola@federaciongalegadecaza.com o boletín de matrícula que esta dispoñible na web escoladecaza.gal ou en calquera das sedes da FGC. O prazo de matrícula remata o 15 de setembro.

Toda a información en: www.escoladecaza.gal

Apúntate!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
2025-09-03
Comeza a campaña de censos de caza maior do Observatorio Cinexético

OFICINA FGC CORUÑA
2025-07-28
A oficina da FGC da Coruña permanecerá pechada o vindeiro 4 de agosto

O DEPORTE MÁIS NATURAL
2025-06-23
A Federación de Caza pon ós rapaces en contacto coa Natureza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza