Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes
2025-09-10

No día de hoxe, 10 de setembro, a Federación Galega de Caza representada polo Secretario Xeral, José Moure, e o presidente provincial de Ourense, Antonio Reinoso, mantiveron unha reunión co Subdirector de Espazos Naturais da Consellería de Medio Ambiente, Tomás Fernández, intervindo tamén persoal administrativo da federación e enxeñeiros forestais colaboradores da FGC. Unha xuntanza centrada exclusivamente na liña de axudas publicadas pola Consellería de Medio Ambiente para paliar os danos nos terreos cinexéticamente ordenados provocados polos incendios.

No transcurso da mesma analizouse, polo miúdo, o obxecto das axudas así como o alcance da mesma, aclarando dúbidas e poñendo enriba da mesa diferentes aportacións que dende o ente federativo considera aconsellables para un maior beneficio na recuperación de hábitats e infraestruturas. Mencionamos algún dos puntos de interese:

- Moi importante axilizar o trámite da solicitude xa que o prazo remata o 30 de setembro

- O período de execución das actuacións de recuperación de danos nas infraestruturas e hábitats esténdese ata o mes de outubro de 2026

A FGC informa que está a disposición daquelas sociedades federadas afectadas e que desexen optar a esta liña compensatoria realizando a súa tramitación totalmente gratuíta, incluído o soporte técnico e asesoramento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
2025-09-03
Comeza a campaña de censos de caza maior do Observatorio Cinexético

OFICINA FGC CORUÑA
2025-07-28
A oficina da FGC da Coruña permanecerá pechada o vindeiro 4 de agosto

O DEPORTE MÁIS NATURAL
2025-06-23
A Federación de Caza pon ós rapaces en contacto coa Natureza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza