
No serán do venres 12 de decembro a Federación Galega de Caza celebraba a súa Asemblea Xeral coa que se facía balance deste ano e se proxectaba o vindeiro 2026 no tocante ao calendario de competicións e orzamentos.
Ás 18:00 horas, en segunda convocatoria, comenzaba a Asemblea na que se aprobaban, por unanimidade, todos os puntos dos que constaba a orde do día. Xa en informes de presidencia, o máximo mandatario do ente federativo, Luis Eusebio Fidalgo, facía un especial fincapé en dúas temáticas de máxima actualidade e interese cinexético.
Por unha banda a futura prohibición do emprego de chumbo na caza e a tan temible Peste Porcina Africana e as súas consecuencias. No tocante ao chumbo o presidente informaba das xestións a nivel nacional que se están a realizar para esta futura adaptación ao emprego de materiais alternativos ao chumbo así como o periodo de implantación que marcan dende Europa. Fidalgo tamén desmenuzou a aparición dun foco de Peste Porcina Africana en Cataluña resaltando a gravidade do brote xa que no caso da súa expansión afectaría de maneira moi significativa a actividade cinexética tanto a nivel nacional como na nosa comunidade. O presidente informaba da reunión mantida coa Consellería de Medio Ambiente sobre a xestión do xabaril ante esta situación ao tempo que se lles solicitou a vital existencia dun protocolo de actuación na que rogou aos cazadores a máxima responsabilidade na bioseguridade.

Ao remate da asamblea, a través da xunta directiva da FGC, fíxose entrega dunha placa a traballadora Mariluz Rey en recoñecemento aos corenta anos de esforzo, entrega e traballo inmenso na defensa dos cazadores, das sociedades de caza e da caza galega en xeral. Mariluz acada a xubilación deixando tras de si un percorrido profesional intachable con entrega absoluta a FGC e aos cazadores que a conforman. Persoa que participou e foi esencial no nacemento do ente federativo sendo un referente de esixencia e compromiso.








