
Na xornada do pasado sábado, 7 de marzo, os terreos cinexéticos do Tecor Terra Chá acolleron a edición XXXVI da Copa FGC de Lugo de Cans de Parada. Unha proba puntuable para a Copa Galicia e organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo, contando coa colaboración de dito Tecor societario.

Destacamos en Británicos a participación do setter inglés macho de nome “Roi de Vilar de Donas”, propiedade de René Vale García, o cal acadou unha calificación de 1º EXC. Repetía René Vale co setter inglés macho de nome “Zafir de Piago” cun 2º EXC. José María Carnota Ríos obtiña un 3ºMB co setter inglés macho de nome “Fellidium Ralf”.

O braco alemán “Iron de Marcofa”, propiedade de Jaime Aneiros Leira, foi o mellor calificado en razas Continentais cun 1º B.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.









