Xa está activa a nova web da FGC
Dende hoxe os cazadores galegos xa teñen dispoñible a súa web de referencia cinexética cun formato e deseño totalmente renovado que busca dar unha resposta
Dende hoxe os cazadores galegos xa teñen dispoñible a súa web de referencia cinexética cun formato e deseño totalmente renovado que busca dar unha resposta máis áxil ás necesidades do colectivo.
Na nova web o usuario atopará información rápida e directa nos apartados habituais de lexislación, competicións, novas, seguros, sociedades de caza, consultas, etc. é pero tamén novas seccións como a guía de trámites, para facilitar o acceso aos diferentes trámites de documentación da FGC; ou a área privada do federado, que permite centralizar as xestións da web como trámite de federativas, inscricións en competicións, publicación de anuncios no taboleiro ou envío de consultas, e outras actualizacións que se irán incorporando progresivamente.