O xabaril e a caza menor centran a reunión da Federación e a Consellería de Medio Ambiente

Na maña de hoxe, 12 de marzo, o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, acompañado dos catro presidentes provinciais mantivo unha reunión de traballo coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e coa Directora Xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz.
Unha análise dos asuntos de actualidade do sector cinexético no que o xabaril volveu a ser o protagonista da xuntanza. Os danos nas colleitas e estradas así como os programas de prevención e a peste porcina foron abordados polo ente federativo na búsqueda de solucións ou medidas acordes a situación actual.
Tamén os ataques do lobo tanto ao gando como os cans de caza foi algún dos asuntos tratados así como o establecemento dun programa de recuperación da caza menor. Programa no que a Federación Galega de Caza agarda que se den máis avances en vindeiras reunións coa Consellería de Medio Ambiente.