Esteban Lorenzo con “Moinante de Torres da Varela” foi o campión provincial

XXXIX Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto “Xunta de Galicia”
O pasado sábado 14 de marzo, no monte da Groba do terreo societario "As Tres Bes" na localidade pontevedresa de Baiona, desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto “Xunta de Galicia”, proba aberta e puntuable para a Copa Galicia. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da sociedade de caza “As Tres Bes”.
A neboa foi a non desexada protagonista da xornada a cal impediu que o campo de competición habilitado para os participantes que buscaban puntuar para a Copa Galicia non puidese celebrarse pospoñéndose para vindeiras datas.

Non ocorreu o mesmo no campo habilitado para o provincial no cal os deportistas si que competiron en plenas condicións. O participante Esteban Lorenzo Rey co seu pointer “Moinante de Torres da Varela” proclamábase campión provincial. Mario Díos Rodríguez co setter inglés “Nilo de Fuente la Teja” foi o segundo clasificado namentras que José Manuel Lorenzo Pazo co setter “Odín de Arco Iris” remataba en terceira posición.
Este campionato provincial contou co patrocinio de pensos Bichoucos, Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
