27 de marzo de 2026

Datas, períodos e peticións do Comité Galego de Caza para a vindeira tempada cinexética 2026/2027

No día de onte, xoves 26 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada 2026/2027. Ocasión na que a Federación Galega de Caza presentou un paquete de propostas co fin de favorecer os intereses da caza, das sociedades de caza e dos cazadores galegos.

Como en anos anteriores, o Comité Galego de Caza estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo; así como representantes da administración autonómica e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Marisol Díaz Mouteira, ao fronte.

Algúnhas das peticións realizadas polo ente federativo como a bonificación das Taxas a Tecores incluídos na emerxencia cinexética tiveron boa acollida agardando que se fagan realidade nun futuro próximo, non foi así en canto á petición da gratuidade da licenza de caza para todos os cazadores.

Noutro apartado tamén se puxeron enriba da mesa diferentes medidas de control das poboacións da caza do xabaril no caso da chegada da Peste Porcina Africana. En canto ao adestramento de cans valoráronse as distintas propostas en relación as limitacións, no periodo de máxima sensibilidade, o adestramento dos cans atrelados e o adestramento en zonas de seguridade e caza permanente.

Rematada a xuntanza todo apunta a que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto aos exercicios cinexéticos anteriores en relación ás modalidades e aos períodos hábiles de caza das diferentes especies.

Destacamos as seguintes propostas de datas:

-        Tempada Xeral: Apertura o 18 de outubro e, como xa ven sen habitual, rematando o 6 de xaneiro de 2027.

-        Xabaril: Do 15 de agosto ao 28 de febreiro de 2027.

-        Lebre: Apertura o 18 de outubro e peche o 29 de novembro de 2026.

-        Arcea: Durante a tempada xeral e posible prolongación ata o 7 de febreiro de 2027.

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade.

Enlace da nota de prensa da Consellería de Medio Ambiente: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/022888/tempada-xeral-caza-comezara-18-outubro-estenderase-ata-6-xaneiro-2027

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.