29 de marzo de 2026

Antonio Sánchez e “Chico” suman unha nova victoria en Karsita

Ata 35 cans e monteiros citáronse, o 28 de marzo, en Vilagarcía de Arousa para participar nunha proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizada polos Trailleiros do Salnés e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita e a Federación Galega de Caza de Pontevedra.

Alto nivel e partipación deu como resultado extraordinarias presentacións do binomio monteiro – can no rastrexo do xabaril, sendo a edición número XV desta proba e puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Foi o participante Antonio Sánchez Sexto o que co seu can de nome “Chico” acadaba o primeiro posto da clasificación final cun total de 243 puntos. O segundo posto eran para Salvador Sestelo Núñez con “Cobi” e 231,5 puntos. O bronce era para Julio Ferradás con “Copi” e 208,5 puntos.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Pensos Bichoucos e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.