30 de marzo de 2026

O senior Antonio Iglesias acada o primeiro posto no provincial coruñés de Percorridos de Caza

O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 29 de marzo, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Con preto de 70 tiradores inscritos comenzaba esta fase provincial puntuable para a Copa Galicia e na que as mellores escopetas de Galicia enfrotáronse a 100 pratos con diferentes traxectorias e distancias de tiro.

O campión da Clasificación Xeral e provincial foi Antonio Iglesias Otero que realizou un fantástico percorrido no que foi quen de derribar un total de 93 pratos, obtendo tamén o primeiro posto da categoría Senior. O segundo clasificado e campión provincial Homes foi José Manuel Torres Parada que rematou a tirada cun total de 91 pratos escachados. Con 90 pratos, o terceiro posto da xeral era para o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines. O segundo posto do provincial de Homes e sexto da xeral era para Daniel Cebreiro García con 87 pratos. Rubén Boquete Varela era o terceiro provincial de Homes e octavo da xeral con 85 pratos

Na categoría Senior o segundo posto era para José Antonio Vasconcellos Vicente con 83 pratos e con 81 remataba en terceira posición Carlos Alberto Braz Simoes. O segundo e terceiro posto da provincia era para José Ramón Conde Mouriño e Santiago García Bello, respectivamente.

En Veteranos o primeiro posto era para Alfredo Augusto García Mendoza con 75 pratos. O segundo posto e campión provincial era o tirador Manuel Regueiro Castro con 69 pratos. O terceiro posto ocupábao Elisardo Cea Cebreiro con 66 pratos.

Na categoría de Máster o campión era Antonio Castro Rodríguez con 70 pratos e en Damas a campiona era Melisa Lado Cambeiro con 64 arxilas.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.