Juan José Canosa, Félix Robles e Nuria Varela resultaron campións do provincial da Coruña de San Huberto

Mesia acolleu a fase provincial da Coruña de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” desputado o pasado sábado 28 de marzo. Un campionato en aberto e puntuable para a Copa Galicia, organizado pola Federación Galega de Caza da Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza de Mesia.
Na proba participaron un bo número de cazadores nas diferentes categorías e sendo Antonio Del Río Viqueira o Director da mesma.
O cazador Juan José Canosa Vigo co seu pointer “Nike da Chousa” obtivo o primeiro posto da clasificación xeral e campión provincial. O segundo posto da xeral e do provincial era para José María Carnota Ríos co setter “Fillidium Ralf”. O cazador Mario Dios Rodríguez era o terceiro da xeral co setter “Nilo de Fuente la Teja”. Cuarto da xeral e terceiro do provincial remataba Eloy Rodríguez Rego co setter “Bono da Brisa da Ría”

Na categoría de Spaniel Springer o primeiro posto era para Félix Robles López con “Javi de Cartova”. Edelmiro Leira Pérez con “Perla del Valle del Cega” e Roberto Dopico Dopico con “Peineta del Valle del Cega” ocupaban o segundo e terceiro posto, respectivamente.

En Donas o primeiro posto foi para Nuria Varela Painceiras con “Alfa Cerámica de Sedes”. Lidia Almeida de Oliveira con “Dilam de Piago” e Nicolasa González Carrodeguas con “Trom” obtiñan o segundo e terceiro posto, respectivamente.
Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
