Daniel Rodríguez con “Chico” campións en Codeseda

O pasado 29 de marzo desputouse unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia”. Monteiros e cans desprazáronse ata a localidade pontevedresa de Codeseda para desfrutar dunha xornada de rastrexo do porco bravo sendo xa a quinta edición.
Baixo a organización da Sociedade de Caza Río Umia e coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra e o Tecor de Forcarei desputouse esta proba que contou cun total de 32 monteiros que se dividiron en catro campos para a fase clasificatoria e sendo Elías Piñeiro o Director da mesma.
Na fase final, desputada polos dous mellores monteiros de cada campo, o campión foi Daniel Rodríguez Buyo que participou co can “Chico” e obtivo unha puntuación de 245 puntos. En segunda posición remataba Isaac Cacheda Chouza con “Dante” e 240 puntos. O bronce era para Vanesa Vila Varela co can “Moruco” e 236,5 puntos.
Da man do presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, fíxose entrega de diplomas aos juniors Brais Gómez, Erik Iglesias e Óscar Fernández e as damas Iria Piñeiro, Vanesa Vila e Michelle Freitas.