Chega a tempada de asexos de corzo

Maña mércores 1 de abril comenza a tempada de asexos de corzo en Galicia que se prolongará, como ven sendo habitual, ata o derradeiro día do mes de xullo.
Dende a Federación Galega de Caza desexamos a sociedades de caza, guías, gardas e cazadores desta modalidade unha moi boa campaña corceira, tanto para os asexistas galegos como para aqueles cazadores chegados dende outros puntos da xeografía española.
Na seguinte ligazón atoparás os modelos de solicitude de comunicación de asexos: Procesos de caza - Caza e pesca fluvial en Galicia