Gran xornada arqueira no Trofeo Soutomaior de percorridos

O pasado domingo 29 de marzo, arqueiros galegos citáronse na localidade pontevedresa de Candan para desputar a Proba Trofeo Concello Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” organizado polo Clube Cazarco e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra e o concello de Soutomaior.
Na participación de dita proba houbo, como ven sendo habitual, un amplo abano de idade dos arqueiros e arqueiras con ata 43 deportistas inscritos. Deportistas que se enfrontaron a diferentes propostas con figuras de caza 3D, algunhas destas figuras en movemento e sempre supervisados por xuíces, sendo un campionato puntuable para o Autonómico da especialidade.
Na modalidade de arco asistido homes o campión era Eloy Álvarez Couñago, foi seguido de José Caruncho Villalba en segunda posición. Ismael Figueroa Vilaboa situábase no terceiro posto da clasificación.
En arco tradicional homes o campión era Herminio López Naval. O subcampionato recaía en David Romero González e o bronce en Alfonso Veiga Miranda.
En arco tradicional damas a campiona era Silvia Gómez Pérez.

En lonbow o campión era Jacobo Santoro Lorenzo, seguido de José García Gómez e Roi Lopez Díaz en segunda e terceira posición, respectivamente.
Dolores Bugarín Codeseda era a campiona en arco asistido damas seguida de Marina Olveira Amoedo e Eva Davila Rodal en segunda e terceira posición, respectivamente.
En cadetes o primeiro posto era para Clemente Sierra del Castillo. Ariadna López Fernandez e Serafín German Veiga Prieto obtiveron o segundo e terceiro posto, respectivamente.
En Junior o primeiro posto da categoría foi para Iria Boullosa Currás seguida de Carlota Otero Cayetano
O clube Cazarco quixo ter un recordo co tristemente recen falecido Eugenio Fernández, compañeiro e membro da selección galega durante moitos anos e que deu visibilidade por onde pasaba á Federación de Caza tanto en Galicia, como en Portugal ou Francia.
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.
