18 de abril de 2026

O lote propiedade de Rodolfo García resultou gañador da VI proba de lebre

Con enorme espectación desputábase hoxe, 18 de abril, a sexta edición da Proba de Cans de Rastro sobre Lebre “Xunta de Galicia” baixo a organización da Federación Galega de Caza da Coruña e coa colaboración dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana de Carnota.

Sociedades de caza que puxeron a disposición os seus terreos para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva. Proba na que se presenciaron fermosas prestacións dos cans participantes e que proporcionaron lances de enorme beleza.

Foi Rodolfo García Sanz o que co seu lote composto por “Lupi”, “Osi”, “Pulga”, “Muri”, “Lasi” e “Pinta” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 131,5 puntos. O segundo posto foi para José Luis Martínez Calvo que cos seus cans de nome “Kira”, “Dana”, “Kata”, “Diana”, “ Brenda” e “Bart” obtiña o segundo posto con 120 puntos. O bronce foi para o lote propiedade de Roberto Torresín Nieto conformado por “Libra”, “Flecha, “Nala”, “Nube” e “Pancho” e 105,4 puntos.

A cadela “Lasi” do campión Rodolfo García foi galardoada co premio ao Mellor Can con 145 puntos.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.