20 de abril de 2026

Lino Castro foi o campión provincial e campión da proba

No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar o pasado sábado, 18 de abril, a edición número XXV do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting “Xunta de Galicia”.

Un campionato provincial organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Preto de 30 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense Lino Castro Leiras proclamábase campión da proba e campión provincial cun total de 45 pratos escachados.

O segundo posto da Xeral foi para o senior lucense José Mario González Yáñez que rematou con tamén 45 pratos. O terceiro da xeral e do provincial era Eloy Fernández López con 44 pratos.  

Vicente Insúa López era o subcampión da categoría Senior por diante de Constantino Vilar Rodríguez que remataba en terceira posición.

Manuel Magide López en Veteranos, José María González Rodríguez en Máster, Maitane Fandiño Pérez en Donas e Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado conformaron o abano de campións desta fase provincial lucense.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.