21 de abril de 2026

Eloy Fernández foi o campión lucense e Daniel Domínguez o campión da proba

Baixo un día solleiro con boa temperatura o pasado sábado, 19 de abril, desputábase o XX Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia” organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Esta proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, contou con preto de medio cento de tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que se acadaron destacadas marcas.

Foi o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta o que obtivo o primeiro posto da Xeral con 98 pratos escachados, con dous plenos no campo 1 e 2. O subcampión da xeral e campión provincial foi Eloy Fernández López con 95 pratos. O bronce da xeral tamén foi para Coruña da man de José Manuel Fernández Añón con 94 pratos. O quinto posto da xeral e subcampión provincial foi para Jesús García Salgado con 93 pratos. Compretaba o pódium provincial Lino Castro Leiras tamén con 93 pratos.

Na categoría Senior o primeiro posto foi para Constantino Vilar Rodríguez con 92 pratos. José Antonio Vasconcellos Vicente e Ramón Noya Viña remataban en segunda e terceira posición da categoría namentras que José Mario González Yáñez e Vicente Insúa López eran o segundo e terceiro clasificados do provincial.   

En Veteranos o tirador José González Yáñez era o campión da categoría con 80 pratos. A prata era para Manuel Magide López con 74 pratos.

Antonio Castro Ferreiro era o Máster mellor clasificado, Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado e Maitane Fandiño Pérez en Donas o resto de campións desta edición.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.